Relatos Gastronómicos "Nun lugar do bandullo"

02 Out 2020

O 3º Concurso Internacional de Relatos Gastronómicos "En un lugar de la panza" convócase con dúas categorías: #PANZARELATOS e #PANZARELATOUVA en homenaxe a Francisco de Quevedo.

Categoría #panzarelatos
1. Poderán participar no concurso todas as persoas maiores de 18 anos, de calquera nacionalidade.
2. Os relatos deberán ser orixinais e inéditos, escritos en lingua española ou portuguesa.
3. Os relatos deberán estar escritos en español ou en portugués, cunha extensión máxima de 1.750 palabras.
4. Temática: Os relatos presentados na presente edición han de cumprir, polo menos, un destes 3 requisitos en canto a temática:
a) Que a acción da historia, ou parte dela, estea ambientada nun restaurante.
b) Que a acción da historia, ou parte dela, estea ambientada nunha adega de viño.
c) Que se faga mención nalgún momento do relato ao Río Douro.
5. Presentación dos traballos: Cada traballo deberá ser enviado co seu título e pseudónimo do autor ao correo electrónico info@enunlugardelapanza.es
Igualmente, no correo electrónico han de figurar os datos persoais do autor (nome, idade, domicilio, email e  tlfn.), a efectos de posta en contacto en caso de resultar finalista..

O prazo de admisión de relatos será ata o 15 de decembro de 2020.

Premios: 1000 € para o primeiro premio, 500 € para o segundo premio e 250 € para o terceiro premio.

Categoría #panzarelato na literatura de Francisco de Quevedo
1. Poderán participar no concurso todas as persoas maiores de 18 anos, de calquera nacionalidade.
2. Os relatos deberán ser orixinais e inéditos, escritos en lingua española ou portuguesa, cunha extensión máxima de 1.750 palabras.
3. Temática: #PANZARELATO na literatura de Francisco de Quevedo
O relato homenaxeará ao autor Francisco de Quevedo dunha forma moi simple, como é que ten que incorporar, como inicio ou como fin do relato, unha frase escollida pola organización que aparece na obra do autor. Dita frase terá algunha connotación gastronómica ou vinícola.
Este ano esa frase é "Pidió que le dejasen enjuagar la boca con un poco de vino", a cal aparece na obra coñecida como "El  Buscón". Así pois, a única condición é que o relato comece ou finalice con esa frase.
4.Presentación dos traballos: Cada traballo deberá ser enviado co seu título e pseudónimo do autor ao correo electrónico info@enunlugardelapanza.es
Igualmente, no correo electrónico han de figurar os datos persoais do autor (nome, idade, domicilio, email e  tlfn.), a efectos de posta en contacto en caso de resultar finalista. A propia organización asegurará o anonimato dos autores, dando soamente a coñecer ao xurado o relato e o pseudónimo. Os autores gañadores do primeiro premio en anteriores edicións non poderán concursar nas 3 seguintes na categoría á que se presentaron. Os finalistas ou os premiados co 2º ou o 3º posto poden optar sen problema ao certame seguinte.

O prazo de admisión de relatos será ata o 20 de decembro de 2020.

Premio: A organización outorgará un único premio de 600 €, á obra que o xurado considere con maiores merecementos

https://www.enunlugardelapanza.es/3o-concurso-internacional-de-relatos-gastronomicos-en-un-lugar-de-la-panza-2020-2021/