Curso de Director/a de actividades de tempo libre na Coruña da ETL Aventeira

01 Out 2020

A ETL Aventeira Escola convoca un curso de Director/a de Actividades de Tempo Libre, que inclúe contido especializado en xénero e igualdade, educación emocional, facilitación, participación e prevención de riscos laborais.

Datas
Parte presencial: do 24 de outubro ao 29 de novembro, sábados e domingos. 120 horas
Parte online: do 30 de novembro ao 10 de decembro. 30 horas
 
Horario
Parte presencial: de 9:00-14:00 e de 16:00-21:00.
Parte online: horario flexible, auto-organización por parte do alumno ou alumna.
 
Lugar
Academia Aula Nosa, Avda. Mosteiro de Caaveiro 1, A Coruña (algunhas actividades poderían ter lugar, ocasionalmente, nalgún outro punto da cidade).
 
Duración
150 horas da fase teórico-práctica (120 horas presenciais e 30 online) e 150 horas da fase de prácticas. Precísase unha asistencia ao 80% do total das horas teórico-prácticas para superar o curso, así como superar a parte práctica.

Teléfonos:  722 342 658 e 722 349 493

Correo electrónico:  escola@aventeira.com

Prezo e prazo de inscrición:  240 euros ata o día 13 de outubro e 260 ata o día 20 de outubro

Formulario de inscrición e máis información: https://aventeira.com/escola-de-tempo-libre/datl/