Bolsas "Come On" de Orange para mulleres

01 Out 2020

O programa de bolsas "Come On" de Orange está dirixido a estudantes universitarias de carreiras STEM (Science, Technology, Engeniering, Mathematic) ou mulleres que finalizasen os seus estudos nos dous últimos anos e estean a cursar outro tipo de estudos (cursos, master, posgraos, etc) en calquera destas disciplinas STEM.

Con esta convocatoria, Orange quere impulsar o talento nas profesións STEM, especialmente o feminino onde apenas o 30% son mulleres. Só así, incrementarase progresivamente a presenza e participación das mulleres nestes sectores, e avanzar cara á igualdade de oportunidades entre mulleres e homes. O obxectivo principal é fomentar de maneira activa o desenvolvemento do talento feminino en áreas  STEM para facilitar a súa incorporación ao mercado laboral.

Este programa dá a posibilidade de realizar prácticas formativas e coñecer as últimas tecnoloxías en proxectos innovadores (DevOps, Cloud, Ciberseguridad ou Big Data entre outros) e ter a posibilidade de vivir en primeira persoa a transformación dixital dunha gran empresa.

Características do programa:

6 meses de prácticas formativas, ampliables a 1 ano.
Bolsas remuneradas adaptadas ás necesidades das participantes: 7 ou 5 horas.
Posibilidade de modalidade semipresencial, adaptada ao contexto actual.
Lugar: Pozuelo de Alarcón (Madrid).
Documentación necesaria:  Curriculum  vitae actualizado e certificado de pago da matrícula das formacións respectivas.

Requisitos
Mulleres apaixonadas nas novas tecnoloxías con ganas de aprender en proxectos innovadores. Estudantes ou Tituladas Universitarias fai máximo 2 anos que estean a cursar estudos en disciplinas relacionadas coas ciencias, tecnoloxía, enxeñería ou matemáticas.

Prazo: do 18 de outubro a 18 de novembro de 2020

https://www.orange.es/unete-a-nuestro-equipo/becas-orange/come-on