Queres gravar un disco ou un videoclip?

01 Out 2020

Agora é o momento.

A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) concede axudas ás empresas fonográficas para o para o fomento e profesionalización do talento musical, en concreto para o lanzamento de novos/as artistas musicais subvencionando unha primeira produción fonográfica ou para o apoio á consolidación do artista.

A finalidade destas axudas é o impulso aos proxectos de deseño, preprodución, produción, edición e promoción de produtos fonográficos (fonogramas e videoclips) que deba conter maioritariamente obra de artistas galegos ou que estén interpretadas por músicos galegos, realizadas por parte de empresas con actividade na Comunidade Autónoma de Galicia.

Tipos de axudas:
- Modalidade A: subvencións para o lanzamento dun artista musical coa edición da súa primeira produción fonográfica.
Estarán dirixidas a aquelas empresas de produción fonográfica que presenten proxectos de artistas que non teñan un primeiro álbum (cun mínimo de 30 minutos publicados) ou dez singles-videosingles.
O importe da subvención non superará os 2.000 euros e será, como máximo, o 65 % do orzamento total do proxecto presentado.

- Modalidade B: subvencións para o apoio á consolidación do artista.
Estarán dirixidas a aquelas empresas de produción fonográfica que presenten proxectos de artistas que xa teñan un primeiro álbum (cun mínimo de 30 minutos publicados) ou dez singles-videosingles publicados e non máis de catro álbums ou corenta singles-videosingles.
O importe da subvención non superará a cantidade de 10.000 euros nin o 65 % do orzamento total do proxecto presentado.

Ás empresas teñen de prazo ata o 2 de novembro de 2020 para solicitar as axudas.
As solicitudes están dispoñibles en https://sede.xunta.gal co código CT402F
Máis información no DOG do 1 de outubro de 2020 e en http://www.agadic.gal/