Curso de Monitores/as de actividades de tempo libre en Oleiros da ETL Aventeira

30 Set 2020

A ETL Aventeira Escola convoca en Oleiros un curso de Monitor/a de Actividades de Tempo Libre, que inclúe o Certificado de Manipulador/a de Alimentos e contido especializado en xénero e igualdade, educación emocional, comunicación non violenta, participación e orientación laboral no tempo libre.

Datas:
Parte presencial: sábados e domingos do 10 de outubro ao 6 de decembro. 180 horas
Parte online: do 7 ao 13 de decembro. 20 horas

Horario:
Parte presencial: de 9:00-14:00 e de 16:00-21:00.
Parte online: horario flexible, auto-organización por parte do alumno ou alumna.

Lugar: Albergue La Merced. Rúa Garrucha, 7, 15179 Oleiros, A Coruña (agás algunhas actividades que terán lugar no exterior, na zona de Oleiros e A Coruña e nos seus arredores, e unha actividade de campismo).

Duración: 200 horas da fase teórico-práctica (180 horas presenciais e 20 online) e 150 horas da fase de prácticas. Precísase unha asistencia ao 80% do total das horas teórico-prácticas para superar o curso, así como superar a parte práctica.

Teléfonos: 722 349 493 e 722 349 497

Correo electrónico: escola@aventeira.com

Prezo e prazo de inscrición: 260 euros ata o 2 de outubro e 280 ata o 7 de outubro.

Formulario de inscrición e máis información: https://aventeira.com/escola-de-tempo-libre/matl/