Bolsas no Instituto de Investigaciones Mariñas (IIM)

30 Set 2020

O Instituto de Investigaciones Mariñas convoca 6 bolsas

Correo electrónico de contacto: jaeintro@iim.csic.es
Prazo de solicitudes:  ata o 30 de outubro de 2020.
Número de bolsas:  6
Período e duración de cada bolsa: 6 meses, a desenvolver idealmente entre xaneiro e xuño do 2021 aínda que a axuda pode iniciarse antes e finalizar non máis tarde do 31 de agosto de 2021. En calquera caso, será obrigatorio entre xaneiro e marzo do 2021.
Importe de cada bolsa e mensualidades: 4.800€ cada bolsa; 800 € mes.
Tempo máximo semanal de dedicación dos beneficiarios/as da bolsa: 25 horas.
Requisitos específicos dos solicitantes:
- Rama de Licenciatura ou Grao: finalizar os estudos de Licenciatura ou Grao nas ramas de coñecemento definidas para cada tema e non estar en posesión ou disposición legal de obter un título de Doutor.
- Nota media do expediente académico de grao: defínense perfís académicos e notas medias mínimas segundo o tema de traballo ofertado (ver seguinte punto); todas as notas na escala 1-10.
- Máster Universitario Oficial: Estar matriculado nun Máster Universitario oficial para a realización do TFM no curso académico 2020-2021.

https://sede.csic.gob.es/intro2020icu
http://www.iim.csic.es/index.php/ofertas-de-trabajo/