Microrrelatos Científicos

29 Set 2020

A Fundación Aquae convoca un Concurso de Microrrelatos Científicos. Bastan 100 palabras para poder participar.

A temática será a ciencia en calquera das súas vertentes (innovación, progreso, sustentabilidade, auga, novas tecnoloxías...etc).

Os textos deberán estar escritos en español. Cada persoa pode participar cun máximo de 3 microrrelatos.
Os relatos non poderán superar as 100 palabras.

Os textos serán orixinais, inéditos en todos os medios (non editados previamente en papel, blogues, publicacións electrónicas, en rede…) e non serían premiados anteriormente en calquera outro certame. Os relatos que non cumpran esta condición desde a convocatoria ata o fallo do premio serán descualificados.

O prazo de recepción de  microrrelatos estará aberto ata o 2 de novembro de 2020.

Dotación. Establécense un primeiro premio de 500 € para o mellor relato, que será elixido por un xurado de expertos seleccionado pola Fundación  Aquae e un segundo premio de 250 €, que será elixido polo xurado entre os 50 relatos máis votados a través da páxina web da Fundación.

https://www.fundacionaquae.org/sobre-microrrelatos/ediciones-microrrelatos/vii-concurso-microrrelatos-2020/