Bacharelato internacional en Colexios do Mundo Unido

28 Set 2020

A Fundación Comité Español dos Colexios do Mundo Unido convoca 10 Prazas con Bolsa (total ou parcial) para estudar os dous cursos do Bacharelato Internacional nos centros desta organización.

Requisitos:   
- Posesión de nacionalidade española no momento da convocatoria ou vivir en España os últimos 8 anos.   
- Nacer nos anos 2004 ou 2005 (é importante resaltar que hai algúns colexios que non admiten alumnos que non cumprisen os 16 anos no momento de empezar o curso, co que, en caso de quedar seleccionado/a, isto afectará á adxudicación do centro).   
- Estar a cursar 4º da ESO ou 1º de Bacharelato e, en ambos os casos, ter aprobado o ano anterior (se o alumno queda seleccionado na fase final non poderá ter ningún suspenso a final de curso).   
- Ter bo expediente académico e coñecementos básicos de inglés.

Prazo: Ata o 18 de novembro

Máis información:
https://www.es.uwc.org/plazas-y-becas/convocatoria-de-plazas-con-beca