A Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, por medio da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, dispón de doce Espazos Xove distribuidos nas catro provincias: Ourense, Betanzos, Carballo, Curtis, Pondedeume, Noia, Lalín, Tui, Vilagarcia, Chantada, Vilalba e Viveiro.
Nestes Espazos ademáis de informar a mocidade dos programas, actividades e servizos que dispón a Xunta de Galicia, realiza actividades propias e cede instalacións a asociacións xuvenís e entidades xuvenís para a realización de actividades puntuais, preferentemente destinadas a mozos/as de entre 14 a 30 anos.
Como consecuencia da situación de crise sanitaria motivada pola Covid-19 elaboráronse os seguintes documentos de interese tanto para as asociacións e entidades xuvenís en xeral, como para a mocidade en particular, e que se poden ver aquí:
- Protocolo para os Espazos Xove. DESCARGAR AQUÍ
- Declaración responsable para entidades con sala cedida no Espazo Xove. Aceptación de condicións de participación, obriga de información e consentimento informado para realizar a actividade. DESCARGAR AQUÍ
- Declaración responsable para participantes en actividades organizadas polo Espazo Xove. Aceptación de condicións de participación, obriga de información e consentimento informado, para participar na actividade. DESCARGAR AQUÍ