Premio de Investigación sobre a Infancia e a Adolescencia

23 Set 2020

A Universidade Politécnica de Valencia convoca a sétima edición do Premio de Investigación sobre a Infancia e a Adolescencia da Cátedra de Infancia e Adolescencia para o ano 2020.

O obxecto deste premio é promover, destacar e divulgar aqueles traballos de investigación realizados por diplomados/as, licenciados/as, graduados/as ou doutores/as relacionados coa temática da infancia e a adolescencia.

O prazo de presentación dos traballos estará aberto ata o 21 de novembro de 2020

Poderán participar persoas físicas de calquera nacionalidade, que sexan autores dun traballo de investigación orixinal e inédito.

O traballo seleccionado polo xurado publicarase, sen finalidade lucrativa algunha, en formato impreso e electrónico en acceso aberto, pola Editorial Universitat Politècnica de València.

A tirada para a edición impresa será de 200 exemplares que se distribuirán da seguinte maneira:
- O/a autor/a ou os autores/ as recibirán un total de 50 exemplares da edición impresa do libro.
- O resto de exemplares serán propiedade da aula de Infancia e Adolescencia, que os distribuirá gratuitamente entre profesionais e institucións como bibliotecas ou colexios profesionais.

http://aulainfanciaadolescencia.es/