Premios Galicia de Acción Voluntaria

22 Set 2020

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado convoca os Premios Galicia de Acción Voluntaria, que teñen a finalidade de recoñecer publicamente o labor daquelas persoas físicas e xurídicas que, de xeito cotián, desenvolvan programas, accións ou proxectos de voluntariado na Comunidade Autónoma de Galicia.

Cos Premios Galicia de Acción Voluntaria preténdese recoñecer o exercicio da acción voluntaria a nivel individual e colectivo e dos beneficios que esta achega ao conxunto da sociedade.

Os Premios Galicia de Acción Voluntaria terán as seguintes modalidades:

- Premio voluntaria/o do ano:  modalidade individual, para as persoas que se teñan distinguido polo seu sobresaínte labor na promoción e xestión do voluntariado social na nosa Comunidade Autónoma.
- Premio entidade de acción voluntaria do ano:  modalidade colectiva, para as entidades de acción voluntaria inscritas no Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia que, de xeito continuado e eficaz, desenvolvan actividades e/ou programas sociais ou de interese xeral que impliquen un compromiso social e comunitario a través de proxectos consolidados e normalizados no tempo e nos cales a acción voluntaria e as persoas voluntarias asuman un especial protagonismo.
- Premio mellor proxecto de acción voluntaria do ano:  modalidade para proxectos elaborados por entidades de acción voluntaria inscritas no Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia, presentados por unha entidade de xeito individual ou por varias entidades de xeito conxunto, que se caractericen pola innovación e a repercusión social.

Outorgarase un premio de 4.000 € por cada unha das modalidades.

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) co procedemento BS508D

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 21 de outubro de 2020

Máis información o DOG do 21 de setembro de 2020 e en http://voluntariadogalego.org