#ErasmusDays 2020

16 Set 2020

Entre o 15 e o 17 de outubro de 2020 terán lugar os #ErasmusDays, tres días de celebración do programa Erasmus+ e dos valores europeos nos que se basea.

Esta campaña, que chega á súa cuarta edición, ten como obxectivo dar visibilidade ao programa e difundir os seus resultados a través das experiencias dos distintos actores que participan nel. Para iso convídase tanto a organizacións beneficiarias como a participantes individuais, traballadores no ámbito da mocidade ou calquera outra persoa ou entidade relacionada con Erasmus+ a realizar todo tipo de actividades nos que compartan os seus proxectos ou as súas vivencias.

Na presente edición de 2020, recoméndase realizar actividades en liña ou eventos virtuais. Exposicións, concertos, concursos, seminarios, conferencias, mesas redondas, podcasts, desafíos en redes, son algúns dos formatos posibles.

As actividades rexistradas e validadas pola Axencia Nacional Española (ANE) aparecerán no mapa da campaña. O prazo de inscrición finaliza o 14 de outubro.

Na edición de 2019 levaron a cabo 3.995 actividades, en 53 países, que contribuíron a difundir entre a cidadanía, os profesionais, os medios e os responsables políticos a importancia dos valores europeos, os beneficios da mobilidade e os resultados dos proxectos Erasmus+. O reto para 2020 é superar este número.

Para dar visibilidade á túa participación a través de redes sociais, usa o hashtag #ErasmusDays

http://erasmusplus.injuve.es/modules/news/news_0395.html?_locale=en