Premio Europeo de Prevención de Drogas

16 Set 2020

O Grupo de Cooperación para a Loita contra o Uso Indebido e o Tráfico Ilícito de Drogas do Consello de Europa, Grupo  Pompidou, entrega o seu Premio de Prevención a proxectos xuvenís que se atopen activos. O obxectivo é implicar ás persoas mozas na loita contra a drogadicción.

Haberá un máximo de tres proxectos gañadores, que recibirán 5.000 euros cada un.

Requisitos:
Poderanse presentar proxectos en curso ou que finalizasen recentemente nos que participen mozos de ata 25 anos que residan nun ou varios Estados membros do Consello de Europa, do Grupo  Pompidou e da rede mediterránea do Grupo para a Cooperación en Materia de Drogas e Adiccións (MedNET).

Poden estar patrocinados polo goberno e administrados por ONG, entidades do sector privado ou comunidades locais.

Prazo:  30 de novembro de 2020 e os premios entregaranse durante a reunión do Grupo Pompidou que terá lugar con motivo do seu 50 aniversario no outono ou inverno de 2021

https://www.coe.int/en/web/pompidou/-/european-drug-prevention-prize-2021-call-for-applications-is-open