Lectores de español en universidades estadounidenses

16 Set 2020

Fulbright España convoca o programa de bolsas Fulbright Foreign Language Teaching Assistants (FLTA) para que titulados superiores participen como lectores de español en universidades estadounidenses.

En total ofrece 11 prazas nas que poderás adquirir experiencia no ensino de español e coñecer profundamente a sociedade e cultura estadounidenses. Os participantes, ademais das súas responsabilidades docentes, cursarán materias de estudos universitarios e participarán en actividades  extracurriculares.

Requisitos:   
- Ter a nacionalidade española e residir en España no momento de apertura da convocatoria e durante o proceso de selección.   
- Ser titulado/a superior (licenciatura ou grao). A data de obtención do título non poderá ser anterior a xuño de 2013 nin posterior a outubro de 2020.   
- Formación acreditada ou experiencia laboral no ensino de idiomas ou en educación.   
- Bo nivel de Inglés demostrable con exame TOEFL (mínimo 90), IELTS (mínimo 6,5), Duolingo (mínimo 115)

Duración dun curso académico de 9 meses, sen posibilidade de renovación.

Datas:  De agosto/setembro do 2021 a maio/xuño de 2022, dependendo do calendario da institución de destino. ​

Dotación: ​ 4.000 US$ máis a axuda complementaria de cada universidade (aloxamento, manutención, estipendio, etc), seguro de enfermidade e accidente.

Prazo:  15 de outubro de 2020

https://fulbright.es/programas-y-becas/convocatorias/lectores-de-espanol/2021-2022/1667/