Premios fin de carreira

15 Set 2020

A Consellería de Educación convoca os premios fin de carreira da Comunidade Autónoma para o alumnado que rematou brillantemente os seus estudos universitarios conducentes á unha titulación oficial de grao no curso académico 2018/19, nas universidades do Sistema universitario de Galicia.
Entenderase por curso académico o período comprendido entre o 1 de setembro de 2018 e o 30 de setembro de 2019.

As persoas premiadas recibirán unha dotación económica dun máximo de 3.500 euros e un diploma acreditativo desta distinción.

Requisitos:
a) Teren cursado integramente os estudos da titulación universitaria pola que opta ao premio nas universidades do Sistema universitario de Galicia.
b) Teren unha puntuación media no seu expediente académico igual ou superior a 8,50 puntos, para o alumnado das ramas de coñecemento de Artes e Humanidades, Ciencias Sociais e Xurídicas, Ciencias e Ciencias da Saúde; e 7,50 puntos, para o alumnado da rama de Enxeñaría e Arquitectura.

As solicitudes deben tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento ED415A
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 28 de setembro de 2020.
Máis información no DOG do 26 de agosto de 2020 e en www.edu.xunta.es e en orientacion.sug@edu.xunta.es