Alianzas para a Creatividade nos ámbitos da mocidade, a educación e a formación

15 Set 2020

O programa Erasmus+, como principal instrumento da Unión Europea para ofrecer oportunidades de desenvolvemento persoal,  socioeducativo e profesional á mocidade, lanzou unha convocatoria extraordinaria, no marco da Acción crave 2 (KA2): ASOCIACIÓNS ESTRATÉXICAS COMO RESPOSTA Á SITUACIÓN PROVOCADA POLA COVID-19 que, no ámbito da mocidade, concrétase en Alianzas para a Creatividade nos ámbitos da mocidade, a educación e a formación.

Esta convocatoria está aberta a calquera tipo de organización activa en calquera campo da educación, a formación e a mocidade ou outros sectores socioeconómicos, así como ás organizacións que levan a cabo actividades transversais en diferentes ámbitos (por exemplo,autoridades locais e rexionais, centros de recoñecemento e validación, centros de orientación,organizacións culturais, etc.). Para recibir financiamento, os proxectos deben abordar como prioridade o desenvolvemento  dehabilidades e inclusión a través da creatividade e as artes.

Priorizaranse:   
- Actividades que fomenten a aprendizaxe informal e non formal e ao traballo dos mozos (incluído o traballo dixital dos mozos) cun compoñente cultural e creativo para axudar ás novas xeracións e aos profesionais para adquirir aptitudes e competencias.   
- Aquelas accións que poidan contribuír á creación de emprego, o desenvolvemento sostible e a inclusión social a través das artes, mediante o fomento de enfoques innovadores de participación e diálogo intercultural que vinculen aos interesados na educación, a formación e a mocidade coas organizacións dos sectores culturais e creativos.

Os proxectos presentaranse antes do 29 de outubro ás 12:00 horas (mediodía,hora de Bruxelas) e deberán iniciarse entre o 1 de marzo e o 30 de xuño de 2021.

http://erasmusplus.injuve.es/modules/news/news_0397.html?_locale=es