Unha Constitución para todos

15 Set 2020

O Ministerio de Educación convoca o concurso nacional Unha Constitución para todos

Poderanse presentar os traballos con arranxo ás seguintes modalidades:
  Modalidade A. 1º a 3º de Educación Primaria.
  Modalidade B. 4º a 6º de Educación Primaria.
  Modalidade C. ESO e Formación Profesional Básica.
  Modalidade D. Bacharelato, Formación Profesional de Grao Medio e Grao Superior.

Convócase un premio por modalidade, que consistirá na entrega dun diploma acreditativo do coñecemento e significado da Constitución e un premio en especie valorado en 800 €.

Requisitos:
O tema dos traballos será a “Constitución Española, unha Constitución para todos”.
Presentaranse un máximo de tres traballos por centro.
Todos os traballos que se presenten, irán acompañados da documentación que se indica no formulario de solicitude.
Poderán presentarse relatos ou poesías que deberán cumprir os seguintes requisitos: ocuparán un máximo de 100 liñas, as páxinas deberán estar numeradas e redactadas a unha cara, en tamaño A4, cun  interlineado sinxelo e utilizando o tipo de letra  Arial tamaño de 11 puntos. En cada redacción deberá constar o nome do alumno, o curso educativo e o nome do centro. Presentaranse en formato PDF e a capacidade máxima será de 5 Mb para cada un deles.
Os traballos serán individuais.
Deberase achegar un certificado do director do Centro onde conste a aprobación para a inscrición do Centro nesta convocatoria e os alumnos participantes.

O prazo para a presentación de solicitudes estará aberto ata o 29 de outubro ás 15:00 horas
Máis información no BOE do 15 de setembro de 2020 e na web de Educación  
http://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/centros-docentes/premios/una-constitucion-para-todos.html