Juvenes Translatores 2020

14 Set 2020

A Dirección Xeral de Tradución (DG Tradución) da Comisión Europea organiza Juvenes Translatores 2020, concurso de tradución  online para centros de ensino secundario da Unión Europea.

Os centros que desexen participar deberán inscribirse na plataforma do concurso ata o 20 de outubro de 2020 ás 12 do mediodía (hora central europea)

Os centros deberán:
- estar situados nun Estado membro da UE
- estar recoñecidos polas autoridades educativas dun ou varios Estados membros da UE
- presentar de 2 a 5 participantes nados en 2003
- ter acceso a internet
- dispoñer dos equipos informáticos necesarios

Bases:  https://ec.europa.eu/info/sites/info/files/jt_rules_2020-2021_es.pdf

Facebook: https://www.facebook.com/translatores/
Instagram: https://www.instagram.com/translatingforeurope