III Concurso Innovatia 8.3 para mulleres

31 Xul 2020

A USC e o Instituto de la Mujer y para la Igualdad de Oportunidades promoven a terceira edición do Concurso Innovatia 8.3 dirixido a distinguir a empresas sobre proxectos innovadores liderados por mulleres e creados co apoio das universidades ou Organismos Públicos de Emprego (OPIs).
O prazo de presentación de candidaturas manterase ata o 8 de setembro.
As solicitudes poden presentarse a través dun formulario en liña.

Poderán participar no certame aquelas mulleres que creasen empresas con presenza maioritaria de mulleres no seu Consello de Dirección ou Consello de Administración e que fosen creadas co apoio dalgunha das universidades españolas ou dos  OPIs. O concurso tamén ten por obxecto promover a igualdade de oportunidades entre persoas de ambos os dous xéneros no ámbito universitario e tecnolóxico.

As empresas candidatas optarán a dous galardóns. Por unha banda, o premio ao proxecto empresarial de base tecnolóxica dotado con 10.000 euros; e pola outra, o premio a proxecto empresarial Startup dotado con 7.000 euros. En ambos os dous casos, a antigüidade do proxecto empresarial non pode superar os cinco anos. Cada proxecto empresarial participante poderá recibir como máximo un premio.

https://innovatia83.es/concurso/2020