FAS MUVIS, límite 24 horas para á mocidade

30 Xul 2020

O Festival Internacional de Cine de Ourense (OUFF), convoca Fas Muvis, límite 24 horas.

Fas Muvis é un concurso por equipos para a realización dunha peza audiovisual cunha duración determinada durante un tempo limitado. Cada equipo participante contará cun orzamento pechado para a realización da obra.

Os equipos
A inscrición será por equipos nunha única categoría.
Haberá un máximo de 6 equipos competindo.
Cada equipo estará formado por un máximo de cinco membros, menores de 30 anos.

Datas:
A data límite de entrega de propostas será o 16 de setembro, ás 14.00 h no correo fasmuvis@gmail.com e a lista de seleccionados farase publica o día 17.

- Os equipos en competición ou o seu produtor deberán presentarse o día 25 de setembro, ás 18 h no Centro Cultural Marcos Valcárcel da Deputación de Ourense para proceder á entrega de credenciais e á explicación detallada das bases do concurso.
- Haberá un límite de 48 horas para a gravación: dende o venres 25 de setembro, ás 20.00h, ata o domingo 27 de setembro, ás 20 h.
- Os equipos disporán de 96 horas para a montaxe, que serán dende o domingo 27 de setembro ata o xoves 1 de outubro. A obra definitiva terá que estar subida antes das 20 h. do xoves día 1 de outubro á plataforma que a organización teña indicado.

O relato
O proxecto proposto debera^ estar relacionado coa cidade de Ourense e a súa contorna. A obra poderá ser ficción, documental,
promocional ou reportaxe.
Deberá destacar os valores arquitectónicos, sociais, históricos, artísticos, etnográficos ou naturais da contorna. Así mesmo, valorarase favorablemente a transmisión de valores sociais positivos tales coma igualdade, non discriminación, integración, etcétera.
A peza desenvolvida deberá ter una duración mínima de 3 minutos e máxima de 10 minutos.
As imaxes deberán ser rodadas integramente en Ourense. Un mínimo do 40% deberán gravarse nos exteriores da cidade ou na
súa contorna.
A obra deberá ser en lingua galega (incluídos créditos e información textual). En caso de ser noutro idioma, deberá ter subtítulos en galego.

Orzamento
Cada equipo terá un orzamento máximo para a realización da peza de 500 €.
Entregaránselle 300 € a cada produtor no momento da inscrición e entrega das credenciais do concurso.

Os premios
O concurso FAS MUVIS está dotado cun primeiro premio de 600 € e un segundo de 200 € para as obras audiovisuais que, segundo
a valoración do xurado, mellor se adapten ás bases.

http://www.ouff.org/