Curtametraxes para o Festival Internacional de Cine de Ourense (OUFF)

30 Xul 2020

A finalidade deste concurso é estimular o formato da curtametraxe no ámbito da Comunidade Autónoma Galega como expresión básica da creación audiovisual.

As curtametraxes presentadas a concurso deberán estar realizadas en Galicia ou dirixidas por unha persoa galega.

A data de estrea das pezas que se presenten a concurso, en caso de teren sido xa estreadas, non poderá ser anterior ao 2019. Tamén se aceptan obras inéditas que poidan realizar a súa estrea no festival.

As obras participantes non poderán exceder dos 30 minutos de duración e a temática será libre, estando admitidos todo tipo de xéneros e modalidades de creación, agás o spot publicitario e o videoclip.

Os materiais presentados deben estar en lingua galega ou en español. En caso de seren nun idioma diferente a estes, deben estar subtitulados a unha destas dúas linguas.

Premios:
Establécense dous premios elixidos polo xurado profesional coa contía de 1.000 € en metálico para a obra que sume a maior puntuación e 500 € para a segunda que máis puntos acade.
Establécese a maiores un “Premio do Público”, dotado con 300 €, que poderá ser compatible cos dous premios anteriores, se así resultara.
O xurado poderá decidir tamén outorgar unha ou varias mencións especiais en caso de que o consideren oportuno.
Os gañadores ou gañadoras recibirán igualmente unha figura conmemorativa do certame.

O prazo de presentación será ata o 31 de agosto de 2020

http://www.ouff.org/