Bolsas de investigación para estudantes da USC

29 Xul 2020

O Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes da USC (CiTIUS), convoca 7 bolsas de investigación destinadas a estudantes de grao.
As axudas, dotadas cun total de 750 €, desenvolveranse durante dous meses (poñendo o foco en setembro e outubro de 2020), a razón de 60 horas ao mes. Van destinadas a alumnado da USC “cun alto nivel de interese en realizar no centro TIC o seu TFG, ou sexa, o seu Traballo de Fin Grao. Faríano no marco dun proxecto de investigación que contará con supervisión dun ou dunha investigadora principal do CITIUS.

Entre os requirimentos esixidos, figura o de estaren cursando estudos correspondentes ao último curso dos graos en Enxeñaría Informática, Física, Matemáticas ou disciplinas afíns, debendo ter superado o 70% dos créditos da titulación. Tamén, teren presentado, no intre de aceptar a bolsa, un compromiso asinado para a realización do dito TFG. Amais, a nota media do expediente académico será igual ou superior a 7 puntos sobre base 10.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 16 de agosto de 2020

https://sede.usc.es/sede/publica/taboleiro/anuncio/97186/carga.htm