Axudas complementarias de Erasmus+ para ensinanzas artísticas superiores

29 Xul 2020

A Consellería de Educación convoca axudas de mobilidade complementarias ás achegadas pola Unión Europea e o Ministerio de Educación, no marco do programa comunitario Erasmus+, destinadas aos/ás estudantes de ensinanzas artísticas superiores en centros públicos de Galicia que participan no citado programa de mobilidade na educación superior durante o curso 2019/20.
Requisitos:
- Estar matriculado no curso 2019/20 en calquera dos centros públicos que impartan ensinanzas artísticas superiores en Galicia.
- Ter obtido unha bolsa Erasmus+ de mobilidade no curso 2019/20.
- Non ter gozado desta axuda complementaria en convocatorias anteriores.
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 31 de agosto de 2020.
As solicitudes están dispoñibles en https://sede.xunta.es co procedemento ED322A.
Máis información no DOG do 29 de xullo de 2020 e en www.edu.xunta.es