II Conferencia Internacional da Mocidade 2020

28 Xul 2020

As persoas de entre 18 e 24 anos residentes nun dos países do Espazo Económico Europeo están convidadas á II Conferencia Internacional da Mocidade, para debater sobre a construción dunha sociedade democrática e aberta xunto aos responsables da toma de decisión en Europa.

Os participantes terán cubertos os gastos de viaxe, aloxamento e manutención e poderán presentar as súas ideas e suxerencias en relatorios de 15 minutos.

O encontro terá lugar entre o 16 e o 19 de novembro de 2020 en Gothenburg, Suecia.

Para participar deberase enviar unha solicitude online, achegando un vídeo, texto, imaxe ou arquivo de audio explicando os motivos para participar.

Poderanse presentar solicitudes ata o 12 de agosto de 2020.

https://iythinktank.com/international-youth-conference-2020/