Axudas ao emprego autónomo e á contratación indefinida

28 Xul 2020

A Consellería de Economía, Emprego e Industria convoca subvencións para a promoción do emprego autónomo e a súa consolidación mediante incentivos á contratación indefinida inicial de persoas desempregadas realizada polas persoas traballadoras autónomas ou persoas profesionais con domicilio social e fiscal en Galicia.

Establécense os seguintes programas de axudas:
a) Programa I. Promoción do emprego autónomo (procedemento TR341D): axuda económica a aquelas persoas desempregadas que pretendan desenvolver a súa actividade empresarial ou profesional en Galicia como traballadoras autónomas ou por conta propia, para facer fronte aos distintos gastos xerados no comezo da súa actividade laboral.
b) Programa II. Programa de axudas a persoas traballadoras autónomas pola contratación indefinida de persoas asalariadas (procedemento TR349F). Serán subvencionables as contratacións indefinidas que se formalicen desde o 1 de outubro de 2019 ata o 30 de setembro de 2020.

Os dous procedementos deben tramitarse en https://sede.xunta.gal cos códigos TR341D e TR349F.
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 30 de setembro de 2020.
As solicitudes de axudas polas contratacións realizadas entre o 1 de outubro de 2019 e a data da publicación desta orde deberán presentarse ata o 3 de abril de 2020.

Máis información no DOG do 3 de febreiro de 2020
http://emprego.ceei.xunta.gal/axudas-e-subvencions