Premio INAP 2020 para teses doutorais

27 Xul 2020

O Instituto Nacional de Administración Pública convoca o Premio INAP 2020 para teses doutorais, cuxo contido, desde a rama de coñecemento de Ciencias Sociais e Xurídicas, aborde as tendencias de reforma na Administración pública en calquera dos ámbitos propios da devandita rama de coñecemento.

A finalidade é contribuír á promoción e o impulso dos estudos e as investigacións multidisciplinares sobre as institucións do Estado, das Administracións públicas e da función pública.

Prazo de presentación de solicitudes: 14 de agosto de 2020

Os premios contarán cunha dotación económica de 6.000 euros, distribuídos da seguinte maneira: a contía do premio será de 3.000 euros e poderanse outorgar dous accésits de 1.500 euros cada un, ademais dun diploma acreditativo. As teses premiadas poderán ser publicadas polo  INAP, que fixará a extensión e as normas editoriais da publicación, independentemente do seu formato.

Máis información no BOE do 27 de xullo de 2020