Bono Concilia

27 Xul 2020

Bono Concilia é unha  axuda económica para a atención educativa de nenas e nenos de 0 a 3 anos en escolas infantís 0-3 non sostidas con fondos públicos.

Requisitos:
a) Ter un fillo ou filla nado ou nada con posterioridade ao 31 de decembro de 2017 e que non cumpra os requisitos para acceder ao programa de gratuidade da atención educativa para segundos fillos ou fillas e sucesivos/as.
b) Estar en calquera das circunstancias seguintes:
1º. Ter solicitado praza en calquera das escolas infantís 0-3 sostidas con fondos públicos para o curso 2020/21 e non obtela, sempre que se exercese a opción do programa Bono concilia.
2º. Ter solicitado praza en escolas infantís 0-3 sostidas con fondos públicos para o curso 2020/21 exercendo a opción do programa Bono concilia e, tendo dereito por puntuación a unha praza, o horario demandado non coincida co de apertura da escola infantil, porque ambos/as proxenitores/as traballan en quenda de tarde ou en quendas rotativas, circunstancia que se acreditará documentalmente.
3º. Obter praza en escolas infantís 0-3 sostidas con fondos públicos para o curso 2020/21 e que se modifiquen considerablemente as condicións en que esta foi concedida.
4º. Ter obtido axuda deste programa no curso 2019/20 e solicitala para a mesma nena ou neno.
5º. Residir en concellos onde non existan escolas infantís 0-3 sostidas con fondos públicos.
c) Escolarizar o neno ou nena nunha escola infantil 0-3 non sostida con fondos públicos que conte coa autorización pertinente.

Os modelos de solicitude (BS403A) estarán dispoñibles nos enderezos electrónicos https://sede.xunta.gal e https://politicasocial.xunta.gal.
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 27 de agosto de 2020
Maís información no DOG do 27 de xullo de 2020