Me, Myself & I

23 Xul 2020

Xunto á convocatoria do 34º Certame Coreográfico de Madrid, Paso a 2 celebra a 7ª edición de Me, Myself & I, un certame paralelo dirixido a obras en formato de só e en estado de creación inicial, que ten aberta a súa convocatoria ata o 16 de setembro.

A convocatoria está aberta a artistas españois e a artistas internacionais residentes en España. As propostas poden durar entre 3 e 6 minutos e pódense presentar bailadas, debuxadas, faladas, en corpo, en papel, no aire… A idea é comunicar un eixo sobre o cal se irá desenvolvendo o traballo no futuro. Búscanse traballos non terminados e non estreados.

Non se ofrecen axudas de desprazamento ou aloxamento ás persoas seleccionadas pero se oportunidades de formación, programación e encontros.

O día 15 de novembro presentaranse un máximo de 16 propostas no Centro Coreográfico Canle, nun evento aberto ao público e gratuíto. De todas elas seleccionaranse un máximo de cinco propostas para volver mostrarse en espazos non convencionais de Conde Duque os días 10, 11 e 12 de decembro, durante o 34º Certame Coreográfico de Madrid.

Está previsto un período de ensaio para os 5 seleccionados entre o 16 e o 30 de novembro (espazo por confirmar). Haberá unha segunda oportunidade para compartir estes procesos co público o día 29 de novembro no Centro  Coreográfico Canle.

Dotación
Os coreógrafos seleccionados estarán bolseiros ao taller do 34° Certame Coreográfico de Madrid “Saídas de emerxencia” que se celebrará do 3 ao 5 de decembro na Sala de Danza e Sala Polivalente do Centro Conde Duque.
Unha destas propostas será premiada co acompañamento da peza e a súa programación, xa desenvolvida, na seguinte edición do Certame como compañía convidada. Así mesmo, recibirá unha residencia de dúas semanas en  Musibéria, Centro Internacional de Músicas e  Danças do Mundo Ibérico en Serpa, Portugal en novembro 2021 para traballar esta proposta.

http://certamencoreografico.com/7-edicion-me-myself-and-i/