Premios extraordinarios de bacharelato

22 Xul 2020

A Consellería de Educación convoca os premios extraordinarios de bacharelato para o alumnado que finalizase os estudos de bacharelato no curso 2019-2020 nun centro docente da Comunidade Autónoma de Galicia.

1. Poderase conceder un máximo de 20 premios extraordinarios.
2. Cada premio estará dotado con 1.000 €.
3. Estes premios extraordinarios de bacharelato son compatibles con calquera outro premio, incluídos os premios nacionais de bacharelato.
4. O alumnado que obteña o premio extraordinario recibirá, ademais da contía económica, un diploma acreditativo e o/a secretario/a do centro público onde estea depositado o expediente académico, anotaralle nel a distinción.
5. Os/as alumnos/as que obteñan o premio extraordinario de bacharelato poderán concorrer, logo de inscrición, ao correspondente premio nacional.
6. O alumnado que obteña o premio extraordinario de bacharelato poderá estar exento, durante o primeiro ano e por unha soa vez, do pagamento dos prezos públicos por matrícula no primeiro curso dos estudos superiores nun centro público.

Requisitos:
a) Ter rematados os estudos de bacharelato no curso 2019-2020 nun centro docente da Comunidade Autónoma de Galicia, ben na modalidade presencial ou na modalidade á distancia e ser proposto para o título na convocatoria ordinaria do dito curso.
b) Ter obtido unha nota media do bacharelato igual ou superior a 8,75.

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 24 de agosto de 2020 e poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento ED311A
Maís información no DOG do 22 de xullo de 2020 e en https://www.edu.xunta.es/premiosedu