O Consello Superior de Investigacións Científicas convoca proceso selectivo para a formalización de 140 contratos para persoal técnico con destino en distintos institutos, centros e unidades do CSIC, mediante a modalidade de contrato en prácticas, para a promoción do emprego novo e implantación da Garantía Xuvenil.
Está dirixido á mocidade non ocupada e que non curse estudos nin formación, inscrita en Garantía Xuvenil
A distribución de prazas é a seguinte:
Grupo Profesional I: 29 Titulado/a Superior de Xestión e Servizos Comúns e 27 Titulado/a Superior de Actividades Técnicas e Profesionais.
Grupo Profesional III: 65 Técnico/a Superior de Xestión e Servizos Comúns e 19 Técnico/a Superior de Actividades Técnicas e Profesionais.
O proceso selectivo realizarase mediante concurso, valorándose: expediente académico, formación complementaria e coñecementos de inglés.
Os contratos terán unha duración de dous anos.
As solicitudes deben realizarse na aplicación electrónica habilitada para o efecto na páxina web do CSIC. Así mesmo, será necesario escanear a documentación susceptible de valoración e introducila no apartado correspondente a través da páxina web mencionada.
Pódese optar, como máximo, a tres contratos de todos os ofertados que correspondan como máximo a dúas Comunidades Autónomas.
Prazo de solicitudes: ata o 29 de xullo de 2020.
Dotación: A retribución anual bruta a percibir por cada Grupo Profesional será de: Grupo Profesional I: 21.758,10€ e Grupo Profesional III: 14.092,16€
https://sede.csic.gob.es/servicios/formacion-y-empleo/convocatorias-personal/-/convocatoria/37679