XXXIII Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón

20 Xul 2020

O Concello de Dodro convoca a XXXIII Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón.

Neste certame poderán participar os/as poetas maiores de 18 anos que o desexen.

As obras estarán escritas en lingua galega conforme á normativa oficial vixente, serán orixinais e inéditas.
Non poderán concorrer textos premiados, presentados simultaneamente a outros certames ou que manteñan compromisos
de publicación con algunha editorial.

Os traballos aspirantes ao premio serán de tema e forma libres, terán unha extensión mínima de 500 versos e máxima de 800. Os poemarios enviaranse en formato dixital, por medio dun lapis de memoria ou CD, acompañados dunha plica ou sobre pechado:

XXXIII Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón
Concello de Dodro
Tallós, 32
15981 Dodro.
A Coruña

Os poemarios ostentarán un título e un lema, que tamén figurarán no exterior dun sobre pechado que conteña: copia
do DNI do/a autor/a, datos de contacto -enderezo e teléfono-, breve currículo literario, lapis de memoria ou CD coa copia
orixinal da obra, así como unha declaración xurada sobre a autoría e a orixinalidade desta.

O prazo para presentar poemas estará aberto ata o 23 de outubro de 2020.
A dotación do premio é de 2.500 €. Terá, á súa vez, o carácter de anticipo de dereitos de autoría pola primeira edición da obra. O/a autor/autora recibirá gratuitamente 25 exemplares desta.

Máis información no BOP da Coruña do 20 de xullo de 2020 e en http://www.concellodedodro.org/