Premios Injuve de Xornalismo e Comunicación

20 Xul 2020

O Instituto da Mocidade convoca os Premios Injuve de Xornalismo e Comunicación no ano 2020.

O obxecto deste premio é recoñecer o traballo de xornalistas ou comunicadores novos no ámbito do xornalismo social que mellor contribuísen ao fomento, defensa e difusión de valores cívicos, sociais e de igualdade, coa finalidade de fomentar o desenvolvemento e a difusión da súa carreira profesional.

Premiaranse traballos publicados entre o 1 de xaneiro de 2019 e o 30 de xuño de 2020, nas modalidades de Xornalismo impreso Fotoperiodismo, Xornalismo audiovisual (Radio e Televisión) e Xornalismo dixital (traballos realizados en páxina web, blogue, rede social, edición dixital, ou outros de carácter similar).

Poden participar persoas  (de forma individual ou participando de forma colectiva, cun máximo de 3 compoñentes) maiores de idade,  de nacionalidade española ou estranxeira con residencia legal en España, que non superen os 35 anos de idade.

Estes Premios estarán dotados, en cada unha das modalidades, con 4.500 €.

A convocatoria estará aberta ata o 14 de agosto de 2020

Máis información o BOE do 18 de xullo e en http://www.injuve.es/conocenos/noticia/premios-injuve-de-periodismo-y-comunicacion-2020