Diálogo coa Mocidade

16 Xul 2020

Comeza o VIII Ciclo do programa "Diálogo da Unión Europea coa Mocidade", unha iniciativa da Unión Europea cuxo obxectivo é xerar procesos participativos entre responsables de políticas públicas e persoas mozas para mellorar o deseño, implementación e avaliación das políticas públicas en calquera ambito territorial.

O VIII Ciclo, que durará desde xullo do 2020 ata decembro de 2021, e que ten como título “Europa para a Mocidade - Mocidade para Europa: espazo para a democracia e a participación”, buscará fortalecer a participación e a autonomía democrática das persoas mozas, así́ como proporcionar espazos dedicados á mocidade, como establece o Youth Goal número 9 da Estratexia Europea de Mocidade.

E para iso, o Injuve abre a convocatoria para conformar as novas Embaixadas para o Diálogo coa Mocidade que participarán no VIII Ciclo deste proxecto europeo.
O obxectivo é conseguir que as persoas mozas, entre 14 e 29 anos, se impliquen neste proceso, co propósito de que en todas e cada unha das Comunidades e Cidades Autónomas existan espazos que promovan a iniciativa de Diálogo coa Mocidade. As Embaixadas son as encargadas de coordinar a realización das accións do Ciclo, animando a outras persoas mozas, entidades xuvenís e institucións a participar.

Para inscribirse é necesario encher este formulario antes do domingo 16 de agosto ás 23:59 h. A selección levarase a cabo baixo unha serie de criterios obxectivos que permitan formar as Embaixadas coas persoas con maior motivación e competencias posibles.

Atoparás toda a información para poder involucrarte nesta interesante iniciativa, na web do Diálogo coa Mocidade e en redes sociais: #DiálogoJuventud #EUYouthDialogue.

http://dialogojuventud.cje.org/