Cursos para autónomos e traballadores afectados por ERTE

16 Xul 2020

O centro de  formación e emprego Femxa pon ao dispor dos autónomos e traballadores afectados por ERTE novos cursos gratuítos en modalidade online. Esta formación está subvencionada ao 100% polo Ministerio de Traballo e Economía Social polo que non consome créditos de formación e non supón custo algún.

Xa está aberto o prazo de inscrición e a consulta de cursos e a solicitude de praza pódese realizar a través das seguintes páxinas:

Cursos  online Autónomos: www.cursosfemxa.es/autonomos
Cursos  online afectados  ERTE:  https://www.cursosfemxa.es/cursosgratuitosonlinetic
 
Os mozos traballadores en activo en réxime xeral tamén contan con formación online subvencionada por sector:  https://www.cursosfemxa.es/cursosjuventud

Todos estes cursos impártense en modalidade online e están subvencionados ao 100%.

Máis información no teléfono gratuíto: 900 100 957 e o correo electrónico: atencionalumno@femxa.com