Premios de excelencia académica ao alumnado de grao universitario

14 Xul 2020

A Consellería de Educación convoca premios de excelencia académica ao alumnado de grao universitario oficial que obtivese as mellores cualificacións no curso 2018/19 nas universidades do Sistema universitario de Galicia.

Cada persoa premiada recibirá unha dotación económica de 1.000 euros e un diploma acreditativo desta distinción.

O alumnado deberá cumprir os seguintes requisitos:

1º. Non estar en posesión dunha titulación universitaria oficial.
2º. Nos graos oficiais será necesario:
– Ter no curso académico 2018/19 unha nota media igual ou superior a 8 puntos.
– Ter superado no curso académico 2018/19, con aproveitamento excelente, a totalidade dos créditos correspondentes ao curso completo segundo o plan de estudos de cada titulación de grao.
– Estar matriculado da mesma titulación no curso 2019/20 do seguinte curso completo que corresponda segundo o plan de estudos.
3º. Nos programas de simultaneidade de graos para os efectos da obtención deste premio será necesario:
– Ter no curso académico 2018/19 unha nota media igual ou superior a 8 puntos.
– Ter superado no curso académico 2018/19, con aproveitamento excelente, a totalidade dos créditos correspondentes ao curso completo segundo o programa de simultaneidade.
– Estar matriculado do mesmo programa de simultaneidade no curso 2019/20 do seguinte curso completo que corresponda segundo o programa de simultaneidade.

Os premios outorgaranse de oficio por proposta das universidades do Sistema universitario de Galicia.
Máis información no DOG do 14 de xullo de 2020