Prazas no Centro Galego de Tecnificación Deportiva

14 Xul 2020

Secretaría Xeral para o Deporte convoca prazas de tecnificación e rendemento deportivo para o Centro Galego de Tecnificación Deportiva para a tempada 2020/21, co fin de facilitar o adestramento dos deportistas de tecnificación e rendemento, creando un clima de adestramento e convivencia entre deportistas de diferentes especialidades deportivas, fomentando a educación integral dos deportistas que favoreza o seu desenvolvemento persoal e facilitando a mellora do seu rendemento deportivo coa finalidade de alcanzar o máximo nivel competitivo.

Requisitos:
– Ter nacionalidade española.
– Estar en posesión da licenza deportiva, na modalidade para a cal se presenta a solicitude, emitida pola federación galega correspondente ou ben pola federación española correspondente no caso de que a federación galega da modalidade en cuestión non estea integrada na federación española.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 14 de agosto de 2020
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente en https://sede.xunta.gal coprocedemento PR952A
Máis información no DOG do 14 de xullo de 2020 e no enderezo https://deporte.xunta.gal