Veraneo Con Saúde

13 Xul 2020

A Federación de Mujeres Novas lanza a campaña "Veraneo Con Saúde", para previr a anorexia, unha iniciativa enmarcada no proxecto "Non sexas PRESA da talla", para concienciar sobre o respecto e a visibilidade da diversidade de todos os corpos

O seu obxectivo é reivindicar que un verán saudable comprende a pluralidade de corpos diversos e reais e informar sobre a presión que soportan os corpos das mulleres desde a industria da moda.

A campaña inclúe un concuso de fotografías que estará aberto no perfil de Instagram @federacionmujeresjovenes e na páxina de Facebook Federación Mujeres Novas ata as 23.59 h do 31 de agosto. A participación consiste no seguinte:

- Subir unha fotografía con ou sen mensaxe que visualice a problemática da industria da moda e as tallas, que visualice corpos diversos e reais, ou que promova un verán saudable.
- Compartir a fotografía xunto aos  hashtags #MismaMedidaDiferentesTallas e #VeraneoConSalud e etiquetar a @federacionmujeresjovenes en Instagram. Se se participa a través de Facebook haberá que  etiquetar á páxina de Federación Mujeres Novas.
- Pódense subir tantas fotografías como desexes. O equipo Federación Mujeres Novas elixirá a fotografía máis creativa, orixinal, e que mellor represente os valores dun veraneo con saúde.

Poderán participar maiores de 18 anos e que residan en España.

A persoa gañadora recibirá un exemplar do libro “Real  Girls  B Side”, editado tamén baixo o proxecto Non Sexas Presa Da Talla e material propio do proxecto.

https://mujeresjovenes.org/wp-content/uploads/2020/07/BASES-DEL-CONCURSO-VeraneoConSalud2020.pdf