Avaliación previa á contratación de profesorado polas universidades de Galicia

13 Xul 2020

A Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACUSG) fai unha convocatoria para a presentación de solicitudes por parte dos interesados que desexen obter a avaliación para poderen ser contratados como persoal docente e investigador por algunha das universidades integrantes do Sistema universitario de Galicia (SUG), como profesorado contratado doutor/a, de universidade privada e axudante doutor/a.

Destinatarios: Poderán presentar a súa solicitude todas aquelas persoas que posúan o título de doutor/a

O prazo para presentar as solicitudes estará aberto ata o 12 de agosto de 2020
As solicitudes están dispoñibles en www.acsug.es  e en https://sede.xunta.es co procedemento ED702B

Máis información no DOG do 13 de xullo de 2020 e e en http://www.acsug.es/convocatorias-abertas