Axudas a persoas e empresas afectadas por un ERTE

01 Xul 2020

A consellería de Economía, Emprego e Industria convoca de axudas para paliar a situación económica e compensar a perda do poder adquisitivo das persoas traballadoras afectadas por expedientes de regulación temporal de emprego (ERTE) de suspensión de contratos ou de redución da xornada, así como axudar as empresas afectadas no relativo á compensación dos custos que supoña a formación das persoas traballadoras afectadas polos ERTE.

As solicitudes están dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal co formulario TR820F
O prazo para a presentación das solicitudes estará aberto ata o 31 de outubro de 2020.
Máis información no DOG do 1 de xullo de 2020 e en https://emprego.xunta.gal/portal/gl/