Xuíz de Paz no Concello de Oza-Cesuras

30 Xun 2020

O Concello de Oza-Cesuras fai unha convocatoria pública para cubrir a praza de xuíz/a de paz titular e substituto.
Os requisitos para acceder á praza son ser español, maior de idade, non atoparse impedido física nin psiquicamente para o desenvolvemento da función xudicial, estar en posesión dos dereitos civís, non ter sido condenados por delito mentres non se obtivera a rehabilitación, nin procesado ou inculpado por delito doloso en tanto non sexa absolto ou se dite auto de sobresemento.
Non se esixe a licenciatura en Dereito nin coñecementos xurídicos específicos.
O prazo para a presentación das solicitudes estará aberto ata o 20 de xullo de 2020
Máis información no BOP da Coruña do 30 de xuño de 2020