Uso das residencias de Xuventude por parte de entidades xuvenís na Campaña de Verán 2020

29 Xun 2020

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado abre un prazo para solicitar o uso das súas residencias por parte de entidades xuvenís,  para a programación de actividades do ámbito do ocio e o tempo libre durante a Campaña de verán 2020

Servizos ofertados:
1) Servizos de auga, gas, electricidade e alimentación en réxime de pensión completa.
2) Uso das habitacións, zonas comúns e espazos de actividade.
3) Persoal de servizo.

Quendas:

borrarquendas

 

Tarifas: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160408/AnuncioG0425-010416-0001_gl.html

Entidades e grupos destinatarios:
1. As asociacións xuvenís, as entidades prestadoras de servizos á xuventude e as escolas de tempo libre, debidamente constituídas e legalizadas.
2. Os consellos locais e municipais de xuventude.
3. Outras entidades públicas ou privadas que realicen actividades coa xuventude.
4. Grupos de persoas mozas non asociadas que organicen actividades de tempo libre sen ánimo de lucro e, en todo caso, para efectos de realización dun programa de actividades para un mínimo de 15 persoas. Unha persoa integrante do grupo asumirá o papel de representante deste e con poderes suficientes para cumprir as obrigas que, como beneficiario, lle corresponden ao grupo e, en consecuencia, a todas as persoas que o forman. Será necesario que o grupo teña unha denominación que o identifique.
5. Todas as entidades e grupos solicitantes deben estar domiciliadas no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

As solicitudes presentaranse en https://sede.xunta.es co procedemento BS304B
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 8 de xullo de 2020.
Máis información no DOG do 29 de xuño de 2020 e en http://politicasocial.xunta.gal