Webinar Empreendedorismo

26 Xun 2020

O Instituto Portugués do Deporte e da Mocidade organiza en colaboración, entre outros, coa Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, a Webinar Empreeendedorismo.

Da Idea á Concreción, Traballo Remoto, Redes Colaborativas e de Talento

O obxectivo deste webinar é a repartición de experiencias, conceptos e consellos a ter en conta, para axilizar unha idea. Non hai solucións milagrosas, pero hai formas de «facer que aconteza» que poden axudar a chegar onde se pretende.

É posíbel facelo remotamente, auxiliado por redes colaborativas e de talento, nacionais e transfronteirizas, que promoven un troco de ideas e de coñecemento cruciais para o desenvolvemento dun proxecto.

Data e horarios: 30 de xuño de 2020 ás 14:30 e ás 17:00.

Preténdese que o webinar sexa dinámico, coa intervención dos diversos participantes.

A inscrición é gratuíta, de caracter obrigatorio e limitadas a 15 participantes.

Participa e inscríbete aquí: https://ipdj.gov.pt/evento?titulo=webinar-empreendedorismo