Depoemprende

26 Xun 2020

A Deputación de Pontevedra convoca a quinta edición de "DepoEmprende", un programa da destinado a fomentar o espírito emprendedor no marco do sistema educativo.

Esta convocatoria diríxese aos centros sostidos con fondos públicos da provincia de Educación Primaria, Especial, Secundaria Obrigatoria e Formación Profesional e divídese en tres proxectos, "DepoEmprende na escola", "DepoEmprende na ESO" e "DepoEmprende na FP, co fin de adaptarse ás necesidades de cada etapa educativa.

Os centros que o desexen xa poden solicitar a súa adhesión ao programa ata o 30 de setembro, podendo participar nun ou en varios proxectos, atendendo aos requisitos de selección segundo a súa oferta educativa.

A presentación de solicitudes realizarase obrigatoriamente por vía electrónica a través da sede da Deputación de Pontevedra (https://sede.depo.gal).

O proxecto educativo "DepoEmprende na escola" está dirixido ao alumnado de Educación Primaria (5.º ou 6.º curso) e de Educación Especial e "DepoEmprende na ESO" destínase a mozas e mozos de 14 a 16 anos de 4.º da ESO que estuden, preferentemente, as materias de Iniciativa á Actividade Emprendedora e Empresarial, Ciencias Aplicadas á Actividade Profesional ou similares. Por outra banda, "DepoEmprende na FP" está dirixido ao alumnado de Formación Profesional de Grao Medio ou Superior que curse, preferentemente, o módulo de Empresa e Iniciativa Emprendedora ou similares. En cada un dos proxectos poderá participar un máximo de dez centros, e para potenciar a comunicación entre eles a Deputación de Pontevedra pon á súa disposición o Portal Educativo de DepoEmprende, que tamén ten como fin favorecer o acceso aos recursos formativos e didácticos e asegurar a orientación, asesoramento e titoría de forma continua.

https://www.depo.gal/depoemprende