Bolsa no Instituto de Astrofísica de Canarias

23 Xun 2020

O Instituto de Astrofísica de Canarias (I.A.C.) convoca unha bolsa para a formación en comunicación e divulgación da cultura científico-técnica nun centro de investigación dirixida a persoas con titulación universitaria recente de grao (curso 2018-2019 ou posterior) ou estudantes ou recentemente titulados de máster universitario (curso 2019-2020).
Ámbito curricular do título/títulos académicos: Ciencias da Información e Comunicación (Preferentemente especializado en xornalismo científico).

Dotación:  A dotación das Bolsas de Verán é de 700 euros brutos mensuais máis unha cantidade de axuda para gastos de viaxe

Prazo: 7 de xullo de 2020
Máis información no BOE do 23 de xuño de 2020 e en http://www.iac.es/empleo