Bolsas FormARTE

18 Xun 2020

O Ministerio de Cultura convoca as bolsas FormARTE de formación e especialización en materias da competencia de institucións culturais dependentes do Ministerio de Cultura e Deporte.

O obxecto destas bolsas é contribuír á formación de especialistas en materias artísticas, xestión cultural, arquivos, conservación e restauración, museoloxía e biblioteconomía, mediante a realización dun programa de actividades teórico-práctico en dependencias e organismos públicos do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.

Requisitos: Finalizar os estudos no curso académico 2013-2014 ou data posterior.

Son 74 bolsas divididas en seis modalidades:

a) Modalidade A. Bolsas de Conservación e Restauración de Bens Culturais: 11 bolsas.
b) Modalidade B. Bolsas de Museología: 15 bolsas.
c) Modalidade C. Bolsas de Biblioteconomía e Documentación: 11 bolsas.
d) Modalidade D. Bolsas de Arquivística: 15 bolsas.
e) Modalidade E. Bolsas de Xestión Cultural: 20 bolsas.
f) Modalidade F. Bolsas de Artes Plásticas e Fotografía: 2 bolsas.

A dotación económica destas bolsas é:
a) Modalidades A, B, C, D e E: 866 euros brutos mensuais.
b) Modalidade F: 1.800 euros brutos mensuais.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 9 de xullo de 2020.
Máis información no BOE do 18 de xuño de 2020 e en
http://www.culturaydeporte.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/becas-ayudas-y-subvenciones/becas/becas-formarte.html