Bolsas en control analítico de produtos obxecto de comercio exterior

18 Xun 2020

O Ministerio de Economía convoca 23 bolsas de especialización en control analítico de produtos obxecto de comercio exterior.

Requisitos:
Título de Grao ou Licenciado/a en Ciencias Químicas, Biolóxicas, Farmacia, Veterinaria, Física, Enxeñerías ou calquera outra titulación universitaria superior relacionada coas ciencias experimentais.

Cada bolsa estará dotada cunha cantidade máxima de 14.819,52 € anuais brutos, sendo a asignación mensual de 1.234,96 € brutos.

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 3 de xullo de 2020.
Máis información no BOE do 18 de xuño de 2020 e en https://comercio.gob.es/es-es/ayudas-premios/Paginas/becas-SOIVRE.aspx