iSignos

18 Xun 2020

A Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo puxo en marcha este curso unha páxina web facilitar o ensino e interpretación da lingua de signos. Trátase de iSignos, unha nova ferramenta de consulta, aberta e gratuíta, na que se pon ao dispor de calquera persoa interesada un corpus de anotación da Lingua de Signos Española, coas súas correspondentes glosas identificativas.

O corpus consiste nun conxunto de gravacións en vídeo de signantes que se expresan en LSE, presentadas xunto ás glosas de ambas as mans e a tradución ao español.

Na primeira etapa están dispoñibles un conxunto de vídeos coas súas correspondentes glosas e traducións, que se irá ampliando en fases sucesivas. Pódese consultar a lista de gravacións e seleccionar por criterios de xénero ou tema, e tamén polo sexo ou rango de idade das persoas signantes.

O buscador permite explorar o corpus e observar o contexto no que aparecen as glosas buscadas

O recurso pode ser útil para todas aquelas persoas que necesiten este tipo de datos lingüísticos para o seu traballo, por exemplo, para exercicios de clase, prácticas de interpretación, avaliacións de linguaxe, investigación sobre a LSE, etc.

http://isignos.uvigo.gal/