Bolsas EIBURS do Banco Europeo de Investimentos

11 Xun 2012

eibursO Instituto Banco Europeo de Investimentos convoca tres programas diferentes de axuda á investigación nas universidades:

- EIBURS (EIB University Research Sponsorship Programme), o programa de mecenado en favor da investigación universitaria,
- STAREBEI (STAges de REcherche BEI), o programa de bolsas de prácticas para mozos investigadores dedicados a proxectos conxuntos BEI-Universidades.
- Redes Universitarias BEI, un mecanismo de cooperación para as redes universitarias que, polas súas características, presenten especial afinidade cos obxectivos do Grupo BEI.

EIBURS facilita subvencións a centros universitarios de investigación dedicados a especialidades e temas de interese fundamental para o Banco. Estas bolsas do BEI, de ata 100 000 € anuais durante un período de tres anos, concédense, a través dun procedemento competitivo, a departamentos universitarios ou centros de investigación interesados vinculados a universidades dos Estados membros da UE e dos Estados adherentes ou en vías de adhesión que posúan unha especialización recoñecida nas áreas seleccionadas polo BEI, co obxecto de permitirlles ampliar as súas actividades nas devanditas áreas. A proposta seleccionada deberá presentar unha serie de resultados (investigación, organización de cursos ou seminarios, creación de redes, divulgación dos resultados, etc.) que se acordarán de forma contractual co Banco.

As propostas deberán presentarse en inglés ou en francés ata o 14 de setembro de 2012.

Máis información no DOUE do 8 de xuño de 2012