Campamento Tecnolóxico Online en Boiro

18 Xun 2020

A Oficina Municipal de Información á Xuventude (OMIX) de Boiro e a aula CeMIT local, pon en marcha para este verán un Campamento Tecnolóxico Online.

A actividade vaise desenvolver no mes de xullo, achegando contidos creativos innovadores á rapazada, contidos que serán de gran importancia para o seu currículo futuro. Desenvolverase en formato online para garantir ao máximo a seguridade e a saúde das e dos participantes.

Os contidos do campamento incluirán formación en edición de vídeo con OBS Studio, Openshio e Inshot, deseño de cartelería e manexo das ferramentas Google Diver e Classroom. O campamento está destinado a mocidade entre os 11 e 13 anos, as prazas dispoñíbeis son 12 e vaise levar a cabo, de forma online entre o 6 e o 27 de xullo, en horario de 10.00 a 11.00 horas.

As persoas solicitantes teñen que dispoñer de ordenador con conexión a Internet, navegador actualizado, micrófono ou auriculares con micrófono e webcam. A persoa responsábel legar do/a menor debe ter unha conta de correo electrónico de Google.

http://omixboiro.blogspot.com/2020/06/campamento-dixital-para-rapaces-de-11.html