Contratación de persoas mozas menores de 30 e de 35 anos

17 Xun 2020

A Consellería de Economía convoca un Programa de axudas para a contratación de persoas traballadoras remudistas.

A través da incentivación do contrato de remuda, este programa ten a finalidade de favorecer a substitución nos cadros de persoal das empresas, das persoas traballadoras próximas á xubilación por persoas mozas menores de 30 anos desempregadas ou cun contrato formativo na mesma empresa, ou menores de 35 anos cun contrato de duración determinada na mesma empresa ou persoas desempregadas maiores de 45 anos, garantindo a non destrución de postos de traballo, unha vez que as persoas traballadoras que os ocupaban rematen a súa vida activa.

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal co código de procedemento TR349Y.

Prazos
- As solicitudes de axudas polos contratos de remuda subvencionables realizadas entre o 1 de xaneiro de 2020 e o 17 de xuño poden presentarse ata o 17 de agosto de 2020
- Para as contratacións feitas a partir do 17 xuño deberán solicitarse ata o último día do segundo mes seguinte á data en que se inicie a relación laboral indefinida ou temporal pola que se solicita subvención.

En todos os caso o prazo para a presentación das solicitudes de axudas no superará o 30 de setembro de 2020

Máis información no DOG do 17 de xuño de 2020 e en https://ceei.xunta.gal/recursos/axudas-e-subvencions